No mes de setembro de 2023 inauguráronse as obras de posta en valor da Fortaleza do Castro e musealización das galerías, realizadas co obxectivo de facer visitable o recinto defensivo a través dun fío condutor no que se desenvolverán unha serie acontecementos históricos acontecidos na cidade nos últimos 300 anos vinculados ao leitmotiv “A defensa de Vigo“. En concreto, leváronse a cabo as seguintes actuacións:
Actuacións de rehabilitación e consolidación da galería localizada na muralla de o Castro.
Actuacións de accesibilidade e musealización da galería: A galería é un elemento que forma parte do conxunto do recinto fortificado e que se concibiu orixinalmente como lugar de almacenaxe de trebellos e refuxio, e en caso de toma da fortaleza, de vía de escape. A intervención consiste en converter a galería nunha experiencia sensorial e audiovisual que reflicta o drama do bombardeo de 1719 e as sensacións que alí viviron os refuxiados durante o asedio. A visita a galería requirirá dun espazo de preparación (un antes), a experiencia da propia galería (un durante) e un espazo de explicación no patio de armas da fortaleza (o despois). No patio entre a saída da galería, a entrada orixinal norte e o edificio do antigo polvoreira, desenvólvese este espazo cuns soportes expositivos que sirve de enlace entre a saída da galería e o acceso ao polvoreira.
Intervención no polvoreira acondicionándoo como sala de exposición. Seguindo o criterio da resolución da Consellería de Cultura incorporouse o polvoreira á intervención de musealización.
Intervención nos dous recintos defensivos: instalación dunha serie de pezas en aceiro inoxidable lacado en gris escuro, inspiradas na forma dos baluartes e situadas en 9 puntos estratéxicos dos dous recintos.
Intervención nos accesos norte e sur da fortaleza: na porta sur defendida pola tenaza do Couto colocación dunhas letras recortadas en aceiro co leitmotiv A DEFENSA DE VIGO, na porta norte, no ámbito da tambor defensivo instalarase outro banco con letras recortadas en aceiro co leitmotiv A DEFENSA DE VIGO,
Este proxecto de musealización traballa en tres ámbitos de actuación principais en base ao desenvolvemento teórico antes comentado de A Defensa de Vigo: as galerías soterradas e, conectado con estas, a actuación no patio de armas e no polvorín; e as intervencións nos dous recintos defensivos conservados. Os tres ámbitos conforman hoxe un conxunto único do século XVII.
O concepto de A Defensa de Vigo, empregado nesta musealización, ven determinado porque durante 300 anos a fortaleza foi un bastión defensivo durante diferentes ataques a cidade dentro de conflitos aos que se viu sometida España fronte as emerxentes potencias europeas (Francia e Inglaterra sobre todo) que lle disputaban dende a segunda metade do XVII o seu imperio e influencia na política do vello continente.
Este fío condutor ten unha data clave e relevante no proxecto, 1719, en canto que contextualiza as galerías soterradas como elemento musealizado co conxunto da fortaleza como recinto defensivo abaluartado barroco.
En 1719 se produce o ataque a vila de Vigo dentro do marco das guerras iniciadas por Felipe V contra unha coalición formada por Francia, Gran Bretaña, o Sacro Imperio Xermánico e as Provincias Unidas entre 1717 e 1720 con motivo das aspiracións dinásticas e territoriais do monarca español sobre Italia, a raíz do seu matrimonio con Isabel de Farnesio.
Sen dúbida un dos pasaxes máis esquecidos da Historia da nosa cidade e que tivo como principal escenario a fortaleza do monte de O Castro, foi o ataque que sufriu a Vila de Vigo no ano 1719, durante o cal unha guarnición de 800 homes aguantou fogo de morteiro dende a vila tomada polos ingleses durante sete cruentos días, ata a capitulación con honores o 21 de outubro.
A galería soterrada serviu de refuxio durante os bombardeos, así como hospital para os feridos. Este acontecemento sírvenos para plantexar unha intervención neste elemento cunha acceso a modo de túnel que conecta coa vella entrada na cortina entre os baluartes de O Couto e Diamante.
Así, este proxecto de musealización que agora se pretende divulgar traballa tres ámbitos de actuación principais en base ao desenvolvemento teórico antes comentado de A Defensa de Vigo: as galerías soterradas e, conectado con estas, a actuación no patio de armas e no polvorín.
O discurso expositivo propón que a galería funciona como un espazo de descubrimento para o espectador mediante un percorrido sensorial a través da iluminación, son e imaxe onde protagonice unha experiencia sensorial que lembre a situación que viviron os refuxiados nun espazo angosto e case sen luz co continuo bombardeo da artillería inglesa.
Unha vez feito todo o traxecto da galería, se desemboca no patio de armas no que se instalaron uns soportes expositivos verticais de madeira con banderola impresa a dobre cara nas que aparecen imaxes relacionadas coa historia e os actores da invasión inglesa.
Finalmente o patio de armas da paso ao polvorín no que se proxecta un montaxe audiovisual que conta o episodio completo do asedio e bombardeo da fortaleza en outubro de 1719.