O HMS Victory é un navío de línea británico, famoso por participar en 1805 na batalla de Trafalgar como buque insignia do almirante Horatio Nelson
O HMS Victory é un navío británico que participou na batalla de Trafalgar como buque insignia do almirante Horatio Nelson, onde este feneceu por un tiro de mosquete que entrou polo seu ombreiro esquerdo e baixou directamente até as súas costelas, rachando dúas delas, que perforaron o seu pulmón esquerdo e cortaron a arteria pulmonar. Este buque está fondeado permanentemente na cidade de Portsmouth a modo de museo. Actualmente posúe tripulación e mesmo capitán, sendo unha das pezas máis simbólicas da Royal Navy por mor da súa importancia na súa derradeira batalla, que daría a Inglaterra soberanía mariña durante case un século.