O castelo do Penço e a ermida de Nosa Señora do Castro
A DEFENSA DE VIGO
“Planta del Castillo de Vigo que llamamos el Castro, como hade estar en estando acavado” obra do enxeñeiro de S.M. Eugenio Antonio Doffus Vélez Davila de 1705
O Castelo do Penço
Tiveron que pasar 10 séculos ata ter novas dunha segunda fortificación na atalaia do Castro. Recordemos que a primeira foi a aldea amurallada de época castrexa levantada no século III A.N.E. e que podemos visitar a escasos metros no Paseo Cronista Xoxé M. Álvarez Blázquez. Esta non foi outra que o denominado Castelo do Penço, cando no século XIII os territorios de Teis e Vigo pasaron a formar parte da xurisdicción señorial da Mitra de Santiago de Compostela.
Construído probablemente a finais do século XIII e demolido a finais do XV, a primeira mención clara do castelo témola por ser o escenario das loitas feudais entre Pedro Álvarez de Sotomaior, conde de Camiña, coñecido popularmente como Pedro Madruga, que lle arrebatou o feudo de Vigo ao arcebispo de Santiago Alonso II de Fonseca entre 1470 e 1480.
Imaxe 01_PEDRO MADRUGA Retrato de Pedro Álvarez de Sotomaior
Imaxe 02_ ALONSO II DE FONSECA Retrato de Alonso II de Fonseca
A principal fonte de información de como debeu ser esta fortaleza é o pleito Tábera-Fonseca de 1526. Neste ano celébrase unha arbitraxe entre os arcebispos de Santiago, Alonso de Fonseca III e o seu sucesor Juan de Tábera, con obxecto de fixar a indemnización que debía de pagar o primeiro ao segundo en compensación polos danos causados ás fortalezas da mitra compostelá durante os pontificados de Fonseca II e Fonseca III.
IMAXE 03_FORTALEZA CASTROVERDE pte recreación 3D: Recreación de como puido ter sido o desaparecido castelo do Penço
Durante o litixio, as testemuñas de Tábera describen a fortaleza como de planta aproximadamente cuadrangular, carente de torres, pero con muros de grande altura e espesor, construídos en pedras labradas e coroados por ameas e rodeado por una barreira defensiva exterior.
Sen embargo as testemuñas de Fonseca sinalaban que no monte non existía ningún castelo pero si unha ermida, erixida sobre o solar do castelo demolido por Alonso II de Fonseca.
A Ermida de Nosa Señora do Castro
Segundo o historiador Juan Miguel González Fernández no seu libro “Inventario Histórico das Ermidas de Vigo e o do Val do Fragoso (séculos XVI-XIX)”, a desaparecida capela de Nosa Señora de O Castro, foi chamada en principio pola súa advocación, Nosa Señora da Asunción.
É moi probable que a ermida fose levantada sobre os alicerces do desaparecido castelo do Penço (construído a finais do século XIII e demolido a finais do XV), utilizando incluso pedras da antiga estrutura militar. En 1597 a ermida aparece no primeiro debuxo coñecido da vila e o seu porto, obra do enxeñeiro da súa maxestade Felipe II, Leonardo Turriano. No debuxo a apreciamos perfilada sobre o alto do monte de O Castro.
Imaxe 04_ 1º DEBUXO VIGO Primeiro debuxo da vila de Vigo de 1597 obra de Leonardo Turriano
Ao construírse o actual castelo na segunda metade do século XVII a capela conservouse no interior quedando situada, máis ou menos, no centro da fortaleza. No plano do enxeñeiro Doffus Vélez Dávila de 1705 (Arquivo Histórico Nacional), apréciase unha construción rectangular coa ábsida orientada ao oeste, unha rareza que non segue os canons da igrexa católica de orientala ao leste. Esta incongruencia parece que se resolveu en planos posteriores do século XVIII e XIX onde aparece correctamente situada a oriente.
Imaxe 05_PLANO PELAEZ Planta e detalle das edificacións do interior do castelo do enxeñeiro comandante Antonio Peláez Campomanes de 1885. Marcada cun círculo, a ermida (ISTO O PODEMOS FACER DOUTRO XEITO). POÑEMOS AS DÚAS IMAXES: planta completa e detalle para que o público se ubique
De planta rectangular de 20×8 m aproximadamente, tiña unha ábsida de 4,50m, con muros dun espesor entre 60 e 100 cm, cun arco de medio punto (cegado) e outro lixeiramente apuntado con 5,10 m de luz. A bóveda da ábsida era de pedra en canón, apoiada en cornixas saíntes sobre ménsulas con debuxos.
Imaxe 06_VERA Copia parcial dos edificios do interior do castelo de O Castro (10 de outubro de 1842, Julián Vera. Instituto de Historia e Cultura Militar). Marcado en negro a planta da antiga ermida, utilizada nesas datas como almacén militar. PERO ESTO LO HACEMOS EN DISEÑO COMO QUERAMOS CON LA IMAGEN ORIGINAL 06 Vera_po-8-15
Segundo o cronista de Vigo, José Espinosa Rodríguez (1880-1966), a ermida debeu estar baixo a advocación de Nosa Señora da Anunciación e pola súa situación pasou a ser denominada Nosa Señora do Castro polos fieis. Cada 25 de marzo celebrábase culto e romaría estando moi concorrida ata 1767, ano no que morreu a ermitá Jacinta (unha muller devota de nome Jacinta Lorenzo Pereira natural de San Martín de Coia encargada do “aseo, aliño e adorno e en promover o culto Divino con esmero…”) e comezou a súa decadencia e abandono.
Imaxe 07_PLANO 1773. COMO FACEMOS CON ISTO: DO PLANO XERAL TEREMOS QUE QUITAR DOUS DETALLEs PARA QUE SE VEXA BEN: A LENDA COA DESCRICIÓN DOS EQUIPAMENTOS E A FORTALEZA
PE FOTO: Plano da “Villa de Vigo según el estado en que se halla el 28 de enero de 1773” no que se pode observar a planta da ermida (Instituto de Historia e Cultura Militar)
A finais do XVIII a imaxe da Virxe xunto con outros obxectos de culto foron depositados na igrexa de Santo Tomé de Freixeiro, onde aínda se atopan. Arruinada polas bombas inglesas en 1719, convertida en corte polos franceses en 1809, foi reparada varias veces para gardar provisións militares, ata que en 1966 foi finalmente derrubada polo concello de Vigo e substituída polo actual estanque e parterres de céspede, plantas e flores.
Imaxe 08_CAPELA Antiga fotografía da capela derrubada na década dos 60 do século XX xunto cos edificios militares anexos.
Hacer fotos de los objetos depositados en Santo Tome de Freixeiro