VIGO “PRAZA MILITAR
A CONSTRUCIÓN DE “A DEFENSA DE VIGO”
Unha vista do Vigo do século XVIII segundo o gravado de Georges Vivian de 1838. Arquivo Fotográfico Pacheco – Concello de Vigo
A Guerra de Restauración Portuguesa
Vigo comezou a ter interese militar para a coroa desde finais do século XVI, pero non foi ata o século XVII cando se converteu en Praza Militar cos acontecementos derivados da Guerra de Restauración Portuguesa, que afectaron principalmente a fronteira co reino veciño.
Entre 1580 e 1640 o reino de Portugal estivo unido ao español. As dependencias económicas entre ambos reinos e sucesivos matrimonios entre a realeza portuguesa e española determinou que trala morte sen sucesor directo do rei de Portugal, D. Sebastião (1554-1575), Felipe II reclamase os seus dereitos dinásticos polo seu matrimonio coa filla de João III (avó de Sebastião).
En 1580, Felipe II co apoio do clero, intelectuais e gran parte da nobreza e comerciantes portugueses, invadiu Portugal cun poderoso exército ao mando do duque de Alba para acabar cos dereitos dinásticos do fillo ilexítimo do irmán de João III, Antonio Prior de Crato, proclamado rei o 19 de xuño co apoio do pobo chan.
O 1 de decembro de 1640 Portugal proclama a súa independencia en Lisboa nomeando rei ao duque de Bragança como João IV
Tras unha campaña militar de 2 meses Felipe II foi proclamado rei o 12 de setembro, consumándose a unificación da Península Ibérica durante 60 anos, suprimíndose as barreiras aduaneiras e mantendo Portugal a súa autonomía administrativa.
En 1640, Cataluña apoiada desde o exterior por Francia, que estaba en guerra coa monarquía española, tentou a súa independencia do reino de España, ao mesmo tempo que se iniciaba un movemento nacionalista portugués para acabar co control español do reino, cuxo orixe estaba no aumento do impostos á nobreza e nas políticas de castelanización da administración portuguesa.
O 1 de decembro de 1640 Portugal proclama a súa independencia en Lisboa nomeando rei ao duque de Bragança como João IV, abríndose un conflito que durou 28 anos.
Entre 1640 e 1668 Portugal e España enfrontáronse en pequenas contendas e graves conflitos armados, moitos ocasionados por guerras con outras potencias europeas. España sempre se mantivo á defensiva, en canto que a principal preocupación do monarca español Felipe IV era sufocar a sublevación catalá, polo que preferiu sacrificar Portugal para manter Cataluña. En 1668, co Tratado de Lisboa, recoñecíase a independencia de Portugal baixo a dinastía da Casa de Bragança, poñéndose fin á chamada Unión Ibérica.
A paz de Utrech
Trala firma dos tratados o Paz de Utrecht-Rastatt entre 1713 e 1715 -que poñía fin ao dominio español exercido desde o século XVI- establecíase en Europa un equilibrio terrestre entre España, Francia e Inglaterra, pero sendo os ingleses os principais beneficiados do conflito. Estes convertéronse en árbitro da política europea, pero principalmente nos dominadores do mar, onde exerceron unha hexemonía militar que lles permitiu o control do comercio mundial e que asentou as bases do seu futuro imperio desde o século XIX ata a Primeira Guerra Mundial.
A guerra fronteiriza
Fortalezas no Miño
Non só na Vila de Vigo se acometeron obras de fortificación no marco deste conflito. Boa mostra disto o temos moi preto de Vigo, concretamente nas chamadas fortalezas do Miño, onde a ambos lados da fronteira natural que marca o río atopamos mostras deste tipo de construcións militares.
A guerra fronteiriza
Fíxose tamén chamamento aos pobos do Morrazo e Pontevedra para que acudisen a Vigo con xente, trigo, fariña, pan, viño, gando e todo tipo de xéneros para socorrer á veciñanza.
Por sorte e tal e como relatan as crónicas do acontecido, o asalto definitivo á vila de Vigo non tivo lugar e as tropas portuguesas marcharon de volta cara A Guarda, asaltando as fábricas de pan e depósitos de munición que atoparon polo camiño.
O episodio rematou coa acusación de neglixencia contra o gobernador Diego Arias, que pouco máis podía ter feito, e as forzas enviadas como socorro pasaron a outro mando. Tamén resultou destituído, a raíz da mala xestión da crise, o Capitán Xeral de Galicia, Luís de Poderico, substituído polo Condestable de Castela, Íñigo Fer-nández de Velasco.