As orixes das fortificacións no monte de O Castro

imaxe cabeceira

Gravado de Vigo de Vicenzo Coronell (1650-1718), destacado xeógrafo, cartógrafo e editor. Inicios do século XVIII.

O Monte de O Castro antes chamado Terroso, agocha unha longa historia de fortificacións desde a Prehistoria recente ata ben entrada a época contemporánea.

A súa elevación e posición central no territorio da comarca de Vigo fixo que fose unha atalaia privilexiada desde a cal controlar todo o que ata estas terras chegaba con boas ou malas intencións, ben fose por vía terrestre como pola importantísima vía marítima que supón o abrigo da Ría de Vigo.

As ladeiras do monte de O Castro acolleron un dos asentamentos amurallados máis poboados e dinámicos do territorio galaico

 

Coa Idade do Ferro, protagonizada no territorio galego por un novo modelo de asentamento sobre o territorio -os castros-, as ladeiras do monte acolleron un dos asentamentos amurallados máis poboados e dinámicos do territorio galaico. Os traballos arqueolóxicos, centrados sobre todo na ladeira oeste do poboado, sacaron á luz un grupo de estruturas que nos remiten a un período de ocupación desde a súa fundación no século III A.N.E ata o seu abandono no III D.N.E.

O Castelo do Penço e a Ermida da Nosa Señora do Castro

A segunda fortificación da que temos novas nesta atalaia foi a do Castelo do Penso, do século XIII, cando os territorios de Teis e Vigo pasaron a formar parte da xurisdición señorial da Mitra de Santiago de Compostela.

Construído a finais do século XIII e demolido a finais do XV, a relevancia desta primeira fortaleza foi por ser o escenario das loitas feudais entre Pedro Álvarez de Sotomaior, conde de Camiña e coñecido popularmente como Pedro Madruga, que lle arrebatou o feudo de Vigo ao arcebispo de Santiago, Alonso II de Fonseca, entre 1470 e 1480.

Recreación de como puido ter sido o desaparecido castelo do Penço.

Recreación de como puido ter sido o desaparecido castelo do Penço.
ERMIDA DA NOSA SEÑORA DE O CASTRO

Boletín de Información del Excelentísimo Ayuntamiento de Vigo Nº 4
1963-1964. Arq. Xeral Concello de Vigo

Vigo careceu de relevancia militar para a monarquía reinante ata o século XVII, ao converterse en Praza Militar con motivo da Guerra de Restauración Portuguesa (1640-1668).

En 1580 o reino de Portugal foi integrado na Coroa de Castela tras reclamar Felipe II os seus dereitos ao trono portugués. En 1640, con Felipe IV, España ten abertos varias frontes bélicas en Francia e Cataluña, o que aproveitou Portugal para proclamar a súa independencia en Lisboa o 1 de decembro, iniciando unha guerra que durou 28 anos.

IMAXES

Proclamación da independencia de Portugal do reino de España e coroamento do rei João IV.

A construción da Fortaleza de O Castro

Vigo careceu de relevancia militar para a monarquía reinante ata o século XVII, ao converterse en Praza Militar con motivo da Guerra de Restauración Portuguesa (1640-1668).

En 1580 o reino de Portugal foi integrado na Coroa de Castela tras reclamar Felipe II os seus dereitos ao trono portugués. En 1640, con Felipe IV, España ten abertos varias frontes bélicas en Francia e Cataluña, o que aproveitou Portugal para proclamar a súa independencia en Lisboa o 1 de decembro, iniciando unha guerra que durou 28 anos.

Coa guerra anglo-española de 1585 a 1604 (o acontecemento máis coñecido deste conflito foi a derrota da Armada Invencible española en 1588 no seu intento de invadir Inglaterra), os ingleses someteron ás costas españolas e portuguesas a sucesivos bombardeos e invasións comandadas polo vicealmirante Francis Drake. En 1585, Drake bombardea Vigo dende o mar sen graves consecuencias, pero en 1589 invádea e saquéaa durante 4 días, quedando completamente arrasada como represalia ao fracaso do intento de conquista de A Coruña, onde destacou a figura de María Pita na súa defensa.

En 1589 Francis Drake invade e saquea Vigo durante 4 días, quedando completamente arrasada como represalia ao fracaso do intento de conquista de A Coruña.

Derrota da Armada Invencible en 1588.
Derrota da Armada Invencible en 1588.

Vigo, con este devastador ataque e a posterior peste de 1598, quedou practicamente despoboada, o que obrigou ao monarca español Felipe II a desenvolver un plan de fortificación para a súa defensa. Porén, Vigo tivo que esperar 60 anos ata o reinado de Felipe IV para iniciar o proceso de amurallamento da cidade. Ante o temor dun ataque por mar tralas alianzas establecidas de Portugal con Francia e Inglaterra, a fortificación da vila acométese con gran rapidez pero cun resultado deficiente na calidade do recinto pola falta de medios económicos e enxeñeiros competentes.

Ilustración, invasión e saqueo de Vigo pola armada comandada por Francis Drake en xuño de 1589.

A fortificación da vila de Vigo iniciouse en 1656, alongándose o proceso de construción da muralla ata 1665.

Antiga batería de A Laxe.
Antiga batería de A Laxe.

A fortificación da vila de Vigo iniciouse en 1656, alongándose o proceso de construción da muralla ata 1665. O 28 de decembro de 1657, o Capitán Xeral de Galicia, Vicente Gonzaga Doria, escribía unha carta a S.M. sobre o estado das obras, acabadas nas súas tres cuartas partes, cun custo e esforzo humano considerable, pero sen ter iniciado as obras máis relevantes: as fortalezas de San Sebastián e O Castro e as baterías con baluartes de A Laxe e A Moreira, fundamentais para a liña de defensa marítima.

En 1665 a planta da vila de Vigo presenta un recinto amurallado de mala e débil cachotaría, que se estendía sobre a aba do Monte de O Castro, sendo a fortaleza o punto máis elevado do complexo amurallado, pero desconectada del. De traza irregular descendía pola liña recta que marcan na actualidade as rúas Baixada a Príncipe e Carral, continuando pola marxe litoral desde A Laxe ata o Bérbes para ascender ata a fortaleza de planta estrelada de San Sebastián á altura do Paseo de Alfonso XII. 

Contaba con sete portas e once baluartes ademais do xa mencionado de San Sebastián que dominaba todo o conxunto. Do recinto partían tres camiños que comunicaban a praza co exterior: da porta da Gamboa saía a través do Areal a vía cara Redondela e Santiago; polo sur, pola porta do Pracer o enlace con Porriño; e polo oeste, a través da porta de A Falperra, a vía con Baiona e Tui. 

Coroando toda a vila a impoñente fortaleza de tres recintos defensivos, dominando a ría desde o cumio do escarpado e desertizado monte a 150 m. de altitude, ofrecendo unha imaxe de recinto inexpugnable. 

Gravado de Vigo de Vicente Coronelli. Inicios do século XVIII
Gravado de Vigo de Vicente Coronelli. Inicios do século XVIII
Planta e perspectiva da “Villa e fortificación de Vigo” do enxeñeiro José Aparici. 11 de agosto de 1842. É copia do orixinal de 1667.
Planta e perspectiva da “Villa e fortificación de Vigo” do enxeñeiro José Aparici. 11 de agosto de 1842. É copia do orixinal de 1667.
Invasión de Vigo en xuño de 1589 pola armada comandada por Francis Drake.

A construción da Fortaleza de Santa María de O Castro iniciouse moi probablemente a cabalo dos anos 1663 e 1664. A vila de Vigo tiña por entón apenas 500 habitantes, a maior parte dos cales —máis de 200— pertencía ao Gremio de Mareantes. A comarca circundante, o que hoxe son as aforas da nosa cidade, estaba habitada por menos de 700 veciños e veciñas, ao redor de 3.500 habitantes. Estes datos explícanse en parte pola dureza da segunda metade do século XVI cando a vila sufriu dúas devastadoras vagas de peste e os ataques corsarios ingleses. En 1587 a vila contaba con 868 veciños/as, é dicir, 4.500 habitantes.

Pacheco - Vista da fortaleza pola entrada norte, baixo o medio baluarte da Punta do Diamante.
Pacheco - Vista da fortaleza pola entrada norte, baixo o medio baluarte da Punta do Diamante.