Os proxectos para a fortaleza

A DEFENSA DE VIGO
imaxe cabeceira

“Planta del Castillo de Vigo que llamamos el Castro, como hade estar en estando acavado” obra do enxeñeiro de S.M. Eugenio Antonio Doffus Vélez Davila de 1705

1640-1668. A independencia do reino de Portugal
Vigo careceu de relevancia militar ata o século XVII, cando se converte en Praza Militar con motivo da Guerra de Restauración Portuguesa. En 1580 o reino de Portugal foi integrado na coroa de Castela tras reclamar Felipe II os seus dereitos ao trono portugués. En 1640, con Felipe IV, España ten abertos varias frontes bélicas en Francia e Cataluña, o que aproveita Portugal para proclamar a súa independencia en Lisboa o 1 de decembro de 1640, iniciando un conflito que durará 28 anos.
Imaxe 01 FELIPE IV con pie: Felipe IV, rei de España entre 1621 e 1665, ano da súa morte.
Imaxe 02 INDEPENDENCIA PORTUGAL CON PIE: Proclamación de D. João IV como rei de Portugal en Lisboa o 15 de decembro de 1640
O peso dos enfrontamentos e da súas consecuencias centráronse principalmente na fronteira, sendo o sur da provincia e Vigo unha das afectadas: economicamente ao sufrir levas e o aloxamento e abastecemento do exército en campaña e na súa morfoloxía urbana ao construírse por primeira vez un recinto amurallado abaluartado con dúas fortalezas de planta estrelada: San Sebastián e o Castelo de Santa María do Castro.
Os primeiros proxectos
As necesidades de fortificar a cidade xa eran unha preocupación da monarquía de Felipe II desde finais do século XVI, especialmente tralo ataque e devastación da vila comandado en 1589 polo vicealmirante inglés Francis Drake.
Imaxe 03_ILUSTRA INVASIÓN DRAKE con pie Xuño de 1589. Francis Drake inicia o seu ataque a Vigo.
Pero non será ata mediados do século XVII cando comecen as obras de amurallamento de Vigo, coa fortaleza do Castro dominando toda a vila. Ante o temor dun ataque por mar polas alianzas establecidas de Portugal con Francia e Inglaterra, a fortificación da cidade acométese con gran rapidez entre 1656 e 1665, pero cun resultado deficiente na calidade do recinto pola falta de medios económicos e enxeñeiros competentes.

A fortaleza de O Castro tiña construído o seu primeiro recinto entre finais de 1663 e principios de 1664. Non sabemos con exactitude quen o deseñou, máis un dos primeiros proxectos documentados corresponde ao traballo do capitán enxeñeiro Juan de Vilarroel y Prado que en 1655 planeou un primeiro proxecto da fortificación de Vigo, no que se poden observar dous recintos defensivos, unidos á fortaleza de San Sebastián por unha muralla abaluartada.
Imaxe 04_ Plano dos castelos de O Castro e San Sebastián e as baterías de costa. Juan de Villaroel, 1655.

Un segundo proxecto é o datado no ano 1670, no que se aprecia a solución proposta para o segundo recinto, e onde podemos ver o debuxo do primeiro xa construído como o coñecemos hoxe. Neste proxecto segue manténdose a idea de conexión da fortaleza coa vila a través do castelo de San Sebastián, proxecto que nunca chegou a realizarse polo custoso da obra.
Imaxe 05_ Plano de 1670. Autor descoñecido

Dúas solucións máis se propuxeron para a fortificación da cidade, pero neste caso actuando exclusivamente no recinto de O Castro. Ambas, tamén de 1670 e, seguramente, ao igual que a anterior, planificadas polo xeneral Juan del Castillo.
Imaxe 06_ Plano de 1670 obra de Juan del Castillo.

Todos estes proxectos tiñan un elevado custo, especialmente os que propoñían a unión coa vila a través de San Sebastián, para finalmente desenvolver un proxecto construtivo da fortaleza que onde mellor se reflicte coa realidade é na Planta del Castillo de Vigo que llamamos el Castro, como hade estar en estando acavado, obra do enxeñeiro de S.M. Eugenio Antonio Doffus Vélez Davila de 1705.

Neste plano podemos apreciar tres recintos tal e como se construíron con pequenas diferenzas, as galerías soterradas, as portas de acceso e o camiño cuberto que conducía ao reduto de San Felipe, hoxe desaparecido. Situábase este sobre un outeiro que impedía o control sobre a zona da batería do Couto. A súa posición estaría orixinalmente no actual parque infantil no Paseo dos Cedros.
Imaxe 07_ Planta do castelo obra de Antonio Doffus Vélez de 1705

Todo o proceso de fortificación da cidade que se acometeu na vila entre 1656 e 1704, foi o desenvolvemento dun modelo urbano que se mantivo practicamente inalterable ata mediados do século XIX, cando se inicia o derrubamento da muralla da vila polas necesidades de crecemento da cidade.

No caso da fortaleza, mantívose a súa traza orixinal ata que o Monte do Castro é cedido á cidade polo exercito a mediados do século XX e se constrúe o actual Paseo de Rosalía de Castro sobre o terceiro recinto defensivo, se derruba a capela da Nosa Señora do Castro no interior do primeiro recinto e se constrúe o actual estanque, ou se levanta en 1950 o xa desaparecido restaurante “El Castillo” desmontando parte da tenaces norte, recuperada en 2020.
Imaxe 08_nuestro plano realizado en el pto 3: Plano actual da fortaleza cos recintos conservados

1719. A invasión e asedio de Vigo
Unha das pasaxes máis relevantes da historia da nosa cidade, pero tamén completamente esquecido, foi o ataque que sufriu a vila de Vigo no ano 1719 no marco da chamada Guerra da Cuádrupla Alianza, conflito que enfrontou a España cunha coalición formada por Francia, Gran Bretaña, o Sacro Imperio Xermánico e as Provincias Unidas dos Países Baixos entre 1717 e 1720.

O 10 de outubro de 1719 en resposta á axuda que España tiña prestado aos rebeldes xacobitas escoceses, Vigo comeza a ser atacada por unha forza inglesa baixo mando do Mariscal Richard Temple. Así, ata 40 navíos desembarcan na praia de Samil 11 batallóns sumando unha forza de ataque de 5.000 homes.
Imaxe 09_RICHARD TEMPLE CON PIE Richard Temple, comandante en xefe da forza inglesa que tomou Vigo en outubro de 1719.

Tomada a vila, unha guarnición de 800 homes entre militares e milicianos parapétanse no Castro. Os ingleses, que temían a impoñente fortaleza de O Castro para tomala por asalto, deciden comezar o día 13 un continuo bombardeo por terra -desde o castelo de San Sebastián- e por mar. Máis de 600 bombas caeron sobre a fortaleza durante 4 días ata a rendición da praza o 19 de outubro tras un asedio desapiadado que deixou 80 mortos e 225 feridos entre os vigueses. Tras capitular con honores militares os defensores abandonaron a praza o día 21 coas súas bandeiras e estandartes desfilando camiño de Redondela.
Imaxe 10_TOMA DE VIGO con pie Gravado da toma de Vigo en 1719
Os proxectos do século XIX
A invasión e asedio inglés da vila de Vigo en 1719 deixou a fortaleza levantada no século XVII moi danada, polo que foi necesario acometer novas obras de fortificación do complexo. A discusión estaba, dada a situación das arcas, en acometer unha profunda reforma da fortaleza, ou ben facer o indispensable para resistir un ataque inimigo ata a chegada de forzas militares de auxilio da provincia.

Diferentes informes realizados ao longo do século XVIII informaban do estado da fortaleza. En 1737 Pedro Daubeterre di no seu informe que para poñela en estado de defensa sería necesario fortificalo de todo con gran custe. O resultado foi optar pola fórmula de facer pequenas obras de reconstrución, pero iso non quitou que houbese un interese real en acometer un plan máis ambicioso.

A elaboración de diferentes proxectos son proba suficiente da preocupación das autoridades de fortificar Vigo e da importancia estratéxica da cidade, pero as dificultades económicas do país non o permitiron ao ser as prioridades outras. Tres foron os proxectos elaborados para defender a praza de Vigo, e historicamente teñen gran relevancia en canto que reflicten os novos modelos de fortificación, acordes aos tempos e necesidades de defensa.
Para estos tres proxecto eu os maquetaría trala intro anterior de modo especial coas fotos a gran tamaño e os textos debaixo, ao lado… cun corpo ou cor de letra diferente ao texto xeral ou facendo caixas…..
1800. Miguel de Hermosilla, propón unha ampliación dos tres recintos defensivos e reduto de San Felipe, que se atopaba ou ben en ruínas ou a medio construír. No seu proxecto propoñía ampliar a extensión dos baluartes do primeiro recinto no lado sur e converter o saínte de Coia e a Punta do Diamante en baluartes. Para o segundo recinto propón na cara sur catro baluartes coas súas cortinas e dous revellíns ou medias lúas, no oeste un baluarte, e no norte un hornaveque (fortificación exterior composta de dous medios baluartes) moi pronunciado cara o castelo de San Sebastián. E para defender os dous recintos a súa solución pasaba por un camiño cuberto a modo de terceiro recinto defensivo de ángulos entrantes e saíntes e amplísimos glacis que chegan á base do monte. Por último, o reduto de San Felipe convertíao nun forte circular.
Imaxe 11_Hermosilla: marcar recuadro fortaleza para identificar
1859. Ramón Madina y Orbeta, deseñou un proxecto no que propoñía ampliar o primeiro recinto e converter ao terceiro en segundo adaptándoo á arquitectura militar moderna, abrindo un foxo entre ambos. O seu proxecto resultaba realmente ambicioso e ata fantasioso en canto que propoñía unha fortificación desenvolvida cara ao norte e sueste cun enorme revellín cara o suroeste. No centro, defendido polo revellín, situaba un cuartel defensivo en ferradura de tres plantas con capacidade para 1.000 homes en tempos de paz. Este complexo funcionaba á vez como reduto da media lúa, tenaces e reatrincheiramento interior. Todas as fortificacións estaban rodeadas de foxos e por un camiño cuberto con glacis, á vez que dispoñía baterías cos seus merlóns e troneiras cara o sur e norte.
Imaxe 12_Orbeta
1860. Antonio Cheli y Jiménez, planeou tamén un proxecto extraordinario pero pouco probable de execución. Basicamente deseñou un enorme cuartel poligonal de dúas plantas que ocuparía a cima do monte e que funcionaba á vez como fortificación no norte e oeste, desenvolvendo polo sur e este unha potente muralla con baluarte ao sur e medio baluarte ao oeste. Polo sur, a zona historicamente máis sensible a un ataque, Cheli despregou tres medias lúas. Todo o conxunto estaba rodeado de foxos e un camiño cuberto de ángulos redondeados.
IMAXE 13_CHELI